12/5/15

Video MOVETE +


No seguinte enlace que está aloxado na web do CPI O Feal, podedes desfrutar do resultado final da gravación e montaxe que fixo o profesor Ángel Carrera tanto en canto a grabación do propio video coma da montaxe coas voces dos alumnos/as que acompañan á coreografía..A que quedou estupendo?? Un artista éste profe...e con isto vos seguimos animando a que practiquedes deporte e a coreografía coas familias e no voso tempo de lecer...Agardamos que vos guste!!! e que o vindeiro curso escolar os mestres do CPI do Feal tamén se animen a facelo!!




Máis ensaios do Móvete +


Aquí podedes ver aos nosos alumnos/as nos ensaios previos tanto no pavillón co cañón e medios audiovisuais que favoreceron o aprendizaxe do alumnado e tamén despois de aprendelo...no pasillo xa que estivemos probando varios fondos onde gravar que ofreceran luminosidade e posibilidades boas para a gravación final.



6/5/15

Ensaios Móvete +


Aquí vos deixamos algúns dos ensaios para a coreografía de Móvete + dentro do Plan Proxecta para que vaiades facendo boca ata que publiquemos o video final coa canción cantada polos nosos/as alumnos/as...Mirade que ben o fan!!!

Recreos activos e Plan Proxecta

Éste curso escolar o primeiro ciclo de educación primaria estamos desenvolvendo dentro do Plan Proxecta de Innovación Educativa o fomento da actividade física máis activa tanto nos momentos de lecer aprendendo coreografías deportivo-musicais que nos activen de xeito lúdico coma o potenciar nos recreos que se xogue en grandes grupos a xogos tradicionais e populares que aprenden nas clases de educación física e poidan adicarlles máis tempo no recreo a disfrutar deles e diminuir os conflictos nese tempo. Para iso se mercou material específico para éste tempo e de uso exclusivo para cada clase de balóns e cordas para cada un dos seis cursos de 1º ciclo de primaria. Mirade que ben o pasan!!!

 





Organización dos encargados en cada clase do material





Material empregado nos recreos activos

Maios 2015


Dia do libro e Mural intercentros